Son de Estrelas - Sinopse
Son de estrelas é o novo concurso musical da Galega. Un total de 54 aspirantes representarán a cada unha das comarca galegas. Previo ao comezo do espazo, a TVG emitiu as tres primeiras entregas, resumos das seleccións que, desde o día 5 do mes de decembro, se desenvolveron en diversas localidades galegas. Despois do resumo das probas de selección, Son de estrelas presenta tres galas sucesivas eliminatorias nas que interveñen en cada unha 18 concursantes, dos que 12 se clasifican finalistas do concurso. A competición entre os 54 concursantes iniciais desenvolverase a modo de “duetos”.
A presentadora Teté Delgado, un dos rostros máis coñecidos da televisión galega e moi popular en todo o territorio nacional, é a encargada de conducir este espazo musical, no que catro profesionais integran un xurado que avaliará a interpretación dos participantes. En cada unha das tres primeiras galas participan 18 concursantes. Destes 18, ao final da noite, o xurado só seleccionará tres. O público poderá salvar a un cuarto desde a casa, a través de chamadas e mensaxes de móbil. Pasadas as tres primeiras galas, só quedarán 12; preparados para baterse en sucesivos duelos, a modo de “liguiña”. As galas de Son de estrelas contarán, ademais, coa presenza de convidados e actuacións estelares.
Ás probas de Son de estrelas presentáronse case 1000 aspirantes, dos que finalmente 54 concursantes compoñen a grella de saída do programa; un por cada unha das 53 comarcas de Galicia, e un máis, que representará a Galicia da emigración. Son de estrelas viaxou ata A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense, Santiago, Monforte de Lemos, Pontevedra, Meira, Ordes, Allariz, Ortigueira, Melide, Noia, A Fonsagrada, Pobra de Trives, A Cañiza e Caldas de Reis na busca dos concursantes ideais. As profesións dos elixidos son varias: hai mariñeiros, empregados da hostalería e dunha fábrica de tecidos, estudantes, administrativos, masaxistas, unha peixeira, albaneis, mestres de música, cantantes de orquestra, agricultores, unha cantante que traballa como mecánica, animadores socioculturais, un electricista naval, unha esteticista, tendeiros, etc.
Neste docusoap non existen academias nin internamentos; os concursantes representan as súas comarcas. Deste xeito veciños, familiares e amigos poderán participar activamente no programa a través dos documentais e dos vídeos. Establécese así unha identificación máis estreita da audiencia cos protagonistas do programa. Os participantes contan tamén coa colaboración dun grupo de profesionais que lles asesora na preparación das cancións e na posta en escena. Axúdanlles cos temas musicais e con aspectos tan diversos coma a coreografía ou o vestiario.
pARA MIN O QUE MELLOR O FAI E MARCOS BLANCO.
e O MELLOR
SIGUE ASI HAY MOITA XENTE QUE TE QUERE E VOTA POR TI.
SE NON GANAS PENSA QUE O IMPORTANTE E PARTICIPAR
TES MOITOS FANS
iVAN VERAS ESPAVILA UN POUCO QUE CON ESE PLAN NON VAS CHEGAR A NINGUNHA PARTE
ESE MARCOS!!!
EL MEJOR DEL MUNDO EMTERO
para nos o mellor é iván da coruña, é moi wapo¡¡¡
Estamos contigo ata o final.
Se tal pásate por xinzo da limia que te queremos mogollón
o mellor e ivan veras!!!
e o mais guapo e mais xoven e esta mazizorro!!!
unha aperta das tuas fans!!!
xauu!!!
os que mellor o fan do programa son fernando de noia e belen de verin, son os unicos que se adaptan aos diferentes tipos de musica, na final non merece estar maria de caldas, que é unha cantante pesima, a pesar da sua traxectoria como cantante.
markiños é o millor,o ten todo jeje!ainda que xa non este no concurso ten unha voz preciosa,é guapisimo e un cielo de mozo!espero coñecelo algunha vez xq bf,encantame je!sigue asi campion
maria a mellor! a pesar de que o xurado te queira mandar pa kasa o público apoiamoste e finalmente somos os que compramos o disco
a min gustoume tamen eleniña de terra de caldelas!! pareceme boa xavala!! tamen para min maria e tania son as mellores!! e dani rios tamen!! pa min a gañadora era maria!! pero belen canta moi ben!!
veña xente!!
abur!!
Eu teño q decir q a mellor de todas e sen lugar a dubida é Tania.
Ten un vozarron para flipar e vai chegar moi lonxe porque transmite no escenario e ademais e unha muller q vende.
Tani arribaaaaaaaaaaa ti si q vales.
Querote moito wapa.
maria non e unha cantante pesima ok=??=?=
pa min e a mellor k kede claro… e paso de insultar a ninguen pero a min fernando non me guts nada!!
Para min un dos mellores era Dani Rios, ademais de ser un tio de puta madre,non e por que sexa amigo meu. Marquiños era tamen o maximo eu tuven o pracer de conocelo no programa e e un tio autentico, para min en xeral todos eran bos, uns destacaban mais que outros. O que non me gustou do programa e gran rivalidade que existia entre certos familiares de alguns concursantes, e iso perjudicoulles a alguns deles. un besiño pa tos,e si Marquiños, Tania, Maria e Dani leen esto tamen un besiño pa eles,e desexolles o mellor,un fan de Neda.